Inicio Carballo ao día Novas Berocasión porá a...

Berocasión porá a disposición do público arredor de 300 vehículos a vindeira fin de semana

Polo momento está confirmada a participación de sete empresas, pero mañá luns pecharanse as posibles incorporacións

Domingo 20 de agosto do 2017

Automóbiles Dimiolk, Caeiro, J. Lema, Miguelauto, Rebalcars, Vilas Rama e Grupo Breogán teñen confirmada xa a súa presenza en Berocasión cun total de 290-300 automóbiles. A feira carballesa do vehículo de ocasión, organizada polo propio sector coa colaboración do Concello de Carballo, celebrarase a vindeira fin de semana, coincidindo coa última feira do período vacacional por excelencia, como xa vén sendo habitual. 

Berocasión porá a disposición do público turismos, furgonetas e todoterros, cun plus en canto a garantías, prezo e financiación. Os empresarios do sector animan aos posibles interesados a aproveitar as vantaxes da feira. Os vehículos estarán expostos durante toda a fin de semana na zona do Rego da Balsa.

Compartir: