Inicio Carballo ao día Novas A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio coa...

A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio coa Deputación da Coruña para o financiamento do servizo de vixilancia da UAD

Tamén autorizou a adhesión do Concello de Carballo ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para a integración das bibliotecas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Luns 31 de xullo do 2017

O alcalde e a deputada provincial responsable da área social asinaron o convenio para a UAD

O alcalde e a deputada provincial responsable da área social asinaron o convenio para a UAD

Na última Xunta de Goberno Local do mes de xullo foron aprobados dous convenios, un deles coa Deputación Provincial da Coruña para o financiamento do servizo de vixilancia da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). A Deputación achegará 30.000 euros, que representan un 12,47% do gasto total previsto para este ano no servizo de atención e tratamento de drogodependencias, así como de programas de atención á saúde, para usuarios/as de toda a Costa da Morte. O segundo convenio asinarase coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colaborará co Concello de Carballo para o desenvolvemento da programación cultural do segundo semestre deste ano.

Así mesmo, o goberno local aprobou a adhesión ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a integración das bibliotecas públicas de Carballo no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Na Xunta de Goberno Local tamén recibiron o visto bo varias licenzas urbanísticas, e ademais decidiuse reiterar unha reclamación por danos causados na rúa Colón por un camión guindastre.

Compartir: