Inicio Carballo ao día Novas Confirmado un obradoiro de emprego na...

Confirmado un obradoiro de emprego na especialidade de carpintaría de madeira para mozos de 16 a 30 anos

Os aspirantes terán que pasar pola Oficina de Emprego nos próximos dez días para darse de alta no Plan de Garantía Xuvenil

Mércores 26 de xullo do 2017

O Centro de Formación Municipal confirmou hoxe a concesión de un obradoiro de emprego de nivel 2, na especialidade de carpintaría de madeira, para mozos de 16 a 30 anos. Os aspirantes terán que pasar pola Oficina de Emprego, no edificio do Forum, durante os próximos dez días, para darse de alta no Plan de Garantía Xuvenil, un dos requisitos para poder optar a unha das doce prazas que se ofertarán. No prazo aproximado de dúas semanas comezará a redacción das bases que regularán o procedemento de selección de aspirantes e que se farán públicas nos medios habituais. As formación durará seis meses, do vindeiro setembro ata febreiro de 2018, tempo no que os alumnos estarán dados de alta na Seguridade Social e cobrarán o salario mínimo interprofesional.

“Todos tivemos esa idade e hai un importante número de rapaces que están inscritos no Plan de Garantía Xuvenil aos que ten que chegar a formación”, explicou o director do Centro de Formación, Juan Lorenzo. Lorenzo insistiu en que, nos vindeiros dez días, os aspirantes se acerquen á Oficina de Emprego e se inscriban no Plan de Garantía Xuvenil: “A cuestión é evitar que, dentro de quince días, cando xa estean redactadas ou boas de redactar as bases da selección, veña xente despistada; non chega con estar dado de alta no paro: hai que estar anotado no Plan de Garantía Xuvenil antes de que publiquemos as bases”.

Compartir: