Inicio Carballo ao día Novas As obras de mellora da rede viaria seguen...

As obras de mellora da rede viaria seguen avanzando por todo o territorio municipal

As máquinas están a traballar estes días nas parroquias de Artes, Lema e Rebordelos

Venres 7 de xullo do 2017

Luis Lamas e Evencio Ferrero fixeron un percorrido pola parroquia de Artes

Luis Lamas e Evencio Ferrero fixeron un percorrido pola parroquia de Artes

Estes días andan as máquinas polas parroquias de Artes, Lema e Rebordelos arranxando as pistas asfaltadas que integran a rede secundaria. O proxecto de mellora integral das vías de comunicación municipais avanza sen pausa por todo o territorio, e en cuestión de días chegarán tamén á zona rural da parroquia de San Xoán Bautista.

O Concello de Carballo leva investido ata o momento 1,7 millóns de euros, e este ano agarda completar todo o territorio. Nas parroquias de Noicela, Vilela, Bértoa, Oza, Razo e Sísamo xa están rematadas as obras, e hoxe mesmo chegarán á súa fin en Artes. En Lema e Rebordelos están en execución, e a partir de mañá comezarán en Carballo. Despois as máquinas trasladaranse a Goiáns e Cances.

Despois do arranxo das pistas asfaltadas, o departamento que dirixe Luis Lamas xa ten outros proxectos en elaboración, entre eles un plan de pavimentación con cemento de distintos núcleos rurais de todas as parroquias

A curto prazo levaranse a cabo tamén os proxectos de mellora integral das pistas de Sofán e Rus, que foron adxudicadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 19 de xuño, e probablemente na próxima xuntanza contrate tamén as de Entrecruces e Aldemunde. Deste xeito só quedarán pendentes Ardaña e Berdillo, onde as obras serán financiadas con cargo ao remanente de tesourería do ano pasado.

En todos os casos a actuación consiste na limpeza de cunetas de toda a rede viaria e na pavimentación con dobre rego nos treitos nos que se teñen detectado deficiencias. A Concellería de Obras e Servizos realizou un informe previo no que se determinou que había un total de 85 quilómetros en mal estado. Despois do arranxo das pistas asfaltadas, o departamento que dirixe Luis Lamas  xa ten outros proxectos en elaboración, entre eles un plan de pavimentación con cemento de distintos núcleos rurais de todas as parroquias.

Compartir: