Inicio Carballo ao día Novas A piques de comezar as obras da senda peonil e...

A piques de comezar as obras da senda peonil e ciclista entre o casco urbano de Carballo e polígono industrial de Bértoa

Representantes das dúas administracións que financian a obra e das empresas que a executarán celebraron unha xuntanza de coordinación na casa consistorial

Luns 24 de abril do 2017

A xuntanza de coordinación celebrouse na Alcaldía

A xuntanza de coordinación celebrouse na Alcaldía

Esta semana empezará a haber actividade na senda peonil e ciclista entre o casco urbano de Carballo e o polígono industrial de Bértoa, tras a xuntanza de coordinación celebrada entre representantes das adxudicatarias -UTE Senda Bértoa e Canarga- e das dúas administracións –Concello e Xunta- que colaboran no financiamento da obra. Por parte municipal, ademais do alcalde, Evencio Ferrero, e do concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, participou o enxeñeiro José Facal.

En total serán 1.000 metros de itinerario, entre os puntos quilométricos 29+400 e 30+480, dende a rotonda do cruce das rúas Gran Vía e Vázquez de Parga ata a de acceso ao polígono industrial de Bértoa. O obxectivo é facilitar a mobilidade de peóns e usuarios/as da bicicleta en condicións de seguridade.  A senda discorrerá pola marxe dereita da vía e terá 9 metros de ancho, que permitirán habilitar itinerario peonil de 3 metros de ancho, carril bici de 1,80 metros, franxa axardinada de 1,50 metros e, nas zonas nas que haxa espazo, aparcadoiros. A obra debe estar rematada este mesmo ano.

O Concello de Carballo pretende asinar un novo convenio coa Xunta de Galicia para acometer, posteriormente, a urbanización da outra marxe da estrada comarcal, pola que circulan a diario miles de vehículos.

Compartir: