Inicio Carballo ao día Novas O próximo curso serán...

O próximo curso serán escolarizados/as 278 nenos e nenas nos colexios de infantil e primaria de Carballo

A inspectora de Educación informou no Consello Escolar Municipal de que as prazas existentes son, en principio, suficientes

Mércores 22 de febreiro do 2017

A reunión do Consello Escolar Municipal celebrouse no CEIP Fogar

A reunión do Consello Escolar Municipal celebrouse no CEIP Fogar

No municipio de Carballo hai 278 nenas e nenos que cumpren tres anos no 2017 e que, polo tanto, serán escolarizados o vindeiro curso. Son 32 máis que o ano pasado, pero aínda así as prazas serán suficientes, segundo a información facilitada pola inspectora da Consellería de Educación aos membros do Consello Escolar Municipal na reunión celebrada o martes á tarde. En principio, as novas unidades do CEIP Bergantiños e as prazas que quedaron vacantes noutros centros cubrirán a demanda. O prazo de preinscrición abrirá no vindeiro mes de marzo, e a partir dese momento, en función das preferencias das familias, disporase dunha información máis concreta.

A xuntanza deste martes foi a primeira do Consello Escolar Municipal de Carballo dende que se implantou a xornada continuada nos colexios Bergantiños, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo. A valoración, segundo indicou a concelleira de Educación, Mar Eirís, foi moi boa por parte de todos os membros da comunidade educativa, e moi especialmente das familias, posto que despois dun período de adaptación inicial xa están notando os efectos pedagóxicos positivos sobre os nenos e nenas.

Compartir: