Inicio Carballo ao día Hemeroteca Miriñaque, Atelier, O armario de Pati e...

UN TOTAL DE 28 TENDAS PARTICIPARON NO CERTAME

Miriñaque, Atelier, O armario de Pati e Poppy: gañadores do Concurso de Escaparatismo de Nadal que repartiu 2.000 euros en premios

Martes 27 de decembro do 2016

Miriñaque

Imaxe do escaparate gañador, da tenda Miriñaque na rúa Valle Inclán

O xurado do Concurso de Escaparatismo de Nadal 2016 vén de dar a coñecer o seu fallo, nun certame no que repartiron 2.000 euros entre os catro primeiros establecementos clasificados. O xurado estivo formado por dous representantes do Concello de Carballo, un representante do Centro Comercial Aberto, un representante de Axober, outro da Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios do Barrio da Milagrosa e un representante da Asociación Crea Formas que valoraron a calidade artística dos escaparates, a composición, o alumeado, a utilización de elementos tradicionais do Nadal, a orixinalidade, o esforzo e dedicación do promotor/a no resultado e o uso do galego.

Os catro premios concedidos, por un importe global de 2.000 euros, correspóndense co seguinte ditame:

O Concello quere transmitirlle os seus parabéns a todos os gañadores e gañadoras e tamén a todos establecementos participantes, un total de 28, polo elevadísimo nivel do concurso de 2016. Animamos a todos os veciños e veciñas e aos e ás visitantes a que se acheguen ás tendas da vila e que, ademais de comprar, gocen coa creatividade dos escaparates. Agardámosvos en 2017!



Galería

Compartir: