Medio ambiente

Medio ambiente

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 Ext 2006
info@carballolimpo.com

Ver localización

Limpeza e certificados de calidade de praias

Limpeza de praias

Praia de Baldaio

Dentro das súas políticas de coidado do medio ambienta o Concello de Carballo presta especial atención á limpeza e coidado dos seus areais. O ámbito de actuación inclúe as praias de Razo, As Saíñas, A Pedra do Sal, Arnela e Leira. Nos labores de limpeza, distínguense diferentes períodos segundo a intensidade e volume dos traballos que se realizan:

  • Tempada Alta: Do 1 de xuño ao 1 de outubro. Traballos diarios, que inclúen non só os areais, senón tamén accesos, aparcadoiros, zonas verdes, postos dos socorristas, servizos hixiénicos e o baleirado de papeleiras.
  • Tempada Media: Do 1 ao 31 de maio, do 1 ao 14 de outubro e en Semana Santa. Limpeza adaptada ás condicións meteorolóxicas e aos niveis de afluencia de bañistas.
  • Tempada Baixa: Do 15 de outubro ao 30 de abril. Tamén se realizan actuacións extraordinarias en calquera época do ano, adoptando as medidas precisas, con ocasión de fortes temporais ou coa chegada de residuos ás praias.

Certificados de calidade de praias: EMAS e ISO 14.001

Logotipo EMAS

As praias carballesas de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Salcontan dende novembro de 2014 con dúas certificacións internacionais que avalan a súa calidade medioambiental e de xestión de servizos. Trátase do ISO 14.001:2004 e do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS), este último o máis esixente dos que están implantados en Europa. O obxectivo destas certificacións é o de promover a mellora constante do medio. Trátase dun sistema voluntario para organizacións dispostas a comprometerse a avaliar e mellorar as súas prestacións dende o punto de vista ambiental.

A obtención do EMAS supón un traballo de meses que require unha avaliación previa que esixe unha serie de requisitos lexislativos e regulamentarios, ademais duns criterios, uns servizose unhas prácticas medio ambientais concretas. Tamén deben terse en conta as incidencias que teñan repercusión no medio ambiente, ademais de xerarse un sistema de resolución de problemas.  Así, en caso de darse algunha situación de emerxencia, o EMAS  proporciónalle ao Concello un sistema documentado de ensaio que valida calquera emerxencia con accións correctoras e preventivas, que tamén minimicen a posibilidade de que volva a darse esa situación no futuro.

A implantación do EMAS e do ISO 14.001 supón a mellora na calidade da xestión medioambiental, o aforro de recursos e a redución de custos, así como a mellora da credibilidade e da imaxe dos organismos que obteñen este certificado. Ademais, o Concello está na obriga de realizar auditorías cada ano para comprobar que se seguen a cumprir os parámetros, nun proceso constante de avaliación da calidade.

Ligazóns

Descargas

Compartir: