Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 
nelvidal@carballo.gal

A CARBALLESA LUPE BLANCO FOI A PRESENTADORA DO ACTO

A concelleira de Normalización Lingüística participou na entrega do premio "Mil primaveras" ao proxecto Youtubeiras

Maruxa Suárez acudiu a recoller o galardón ao proxecto máis innovador xunto co resto dos concellos participantes

Luns 23 de setembro do 2019

Maruxa Suárez _quinta pola esquerda_ co resto de representantes dos concellos

Maruxa Suárez _quinta pola esquerda_ co resto de representantes dos concellos

Esta fin de semana celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos Premios Mil Primaveras, creados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio. Ao acto asistiu a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez.

Lupe Blanco, presentadora do acto, e Maruxa Suárez

Lupe Blanco, presentadora do acto, e Maruxa Suárez

No acto, conducido polos regueifeiros Lupe Blanco e Luís O Caruncho, entregáronse premios aos seis proxectos escollidos polo xurado nesta primeira edición: Modelo Burela do IES Perdouro (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min do IES de Soutomaior (como proxecto novo), Desafío 48 h do IES María Casares de Oleiros (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s de 13 concellos, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña (como programa máis innovador), Eu presumo de galego do IES de Melide (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial), escollidos entre os 47 proxectos presentados.

Premio ao proxecto máis innovador

Recoñeceuse o Proxecto Youtubeir@s (concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo, Deputación Provincial da Coruña e universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), por abordar un medio prioritario para o futuro do idioma, con linguaxes e estratexias comunicativas atractivas para a mocidade e por ser modelo de colaboración entre servizos de normalización lingüística de entidades locais e universitarias.

Compartir: