Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Probas de avaliación en competencias clave...

Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou con data 16 de febreiro a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A)

Convócanse, polo tanto, probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave: 

  • Comunicación en lingua galega
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática
 O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 17 de febreiro ata o 7 de abril de 2022. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello, situado no Fórum Carballo, chamando ao 981709010.

Ligazóns

Compartir: