O PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural ofrece accións formativas para persoas desempregadas
O proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural ten como finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social no territorio rural da provincia de A Coruña, a través da activación de itinerarios integrados e personalizados de inserción sociolaboral.
Accións formativas abertas na actualidade:
- Competencias Clave nivel II en Baio (Zas) de lingua castelá e de matemáticas
- Competencias Clave nivel III (en Oleiros) de lingua castelá e de matemáticas
- Dinamización Comunitaria nivel III (Santa Comba ou Laxe, Ortigueira e Arteixo)
- Guía por Itinerarios de Baixa e Media Montaña de nivel II (Teo)
- Ter cumpridos os 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a nalgún dos concellos do proxecto.
- Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das accións formativas.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de larga duración (PLD).
- Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.