Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto o prazo de solicitude de...

Aberto o prazo de solicitude de subvencións para as festas populares do 2019

A Concellería de Festas repartirá este ano un máximo de 35.000 euros coa finalidade de impulsar a celebración de festas populares e de contribuír a preservar a tradición festiva no noso concello.

O importe das axudas será de 400 euros por día de festa no que se celebre unha verbena ou un concerto con actuacións musicais en directo, pero non se subvencionarán dúos nin tríos de animación musical. As bases completas poden descargarse máis abaixo, así como todos os impresos e documentación precisos.

As comisións e entidades terán que presentar a solicitude como mínimo 10 días antes da festa. No entanto, para as festas que xa se celebraran haberá un mes de prazo a partir da publicación no BOP, o 13 de setembro.

Ligazóns

Descargas

Compartir: