Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto do 2 de setembro ao 2 de outubro o prazo...

Aberto do 2 de setembro ao 2 de outubro o prazo de solicitude de subvencións destinadas a ANPAS

Coa finalidade de colaborar coas asociacións de pais e nais, que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa, complementan as actividades académicas e realizan un importante labor de dinamización cultural dos centros educativos, o Concello de Carballo abre unha liña de subvencións para os programas desenvolvidos no ano 2019.

Para cada ANPA establécese unha axuda de 700 €, ata un máximo de 8.400 para o total das entidades. Nesta convocatoria poden participar as asociacións do municipio e tamén a do CEIP Canosa-Rus, xa que un 80% do alumnado é carballés.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude e xustificación poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: