Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións ás...

Convocatoria de subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa de actividades do ano 2018

Con data do 27 de decembro de 2018, o Concello de Carballo, aprobou a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS PARA A REALIZACIÓN DO PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS DO ANO 2018, coas que se pretende contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo cultural.

Poderán solicitar estas axudas as asociacións culturais rexistradas no Concello de Carballo que teñan a súa sede social no mesmo e realicen as súas actividades culturais regularmente no mesmo. A convocatoria vai dirixida a organización e realización do programa de actividades culturais 2018 e a realización da Cabalgata de Reis 2018, así como ao mantemento e xestión da asociación e dos seus locais sociais do ano 2018 (como máximo ata o 50% dos gastos de carácter cultural da asociación). Exclúense da convocatoria: a realización de inversións e obras de infraestructura, as festas populares, as viaxes de carácter non cultural e as actividades xa financiadas polo Concello de Carballo.

O importe máximo da solicitude de subvención é de 3.500 €, máis o importe correspondente á realización da Cabalgata de Reis, se é o caso, en calquera caso, non poderá ser superior ao 70% do presuposto do programa para o que se solicita a axuda.

A organización e realización da Cabalgata de Reis está subvencionada con 250 €, sempre e cando os gastos totais da actividade asumidos pola entidade solicitante superen este importe. Cada cabalgata só pode recibir unha subvención.

Para a xustificación da subvención, os gastos de mantemento da asociación, de comida e bebida e atencións protocolarias so se admitirán como máximo ata o 50% da subvención concedida, tal e como se recolle na base 9.3 da convocatoria (a excepción da xustificación da Cabalgata de Reis). Dado que a subvención se refire a actividades xa realizadas e gastos xa efectuados, en principio, os datos cubertos na solicittude deben coincidir cos da xustificación.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata 
o día 7 de marzo no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n). 

As bases e os impresos de solicitude poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: