Educación

Educación

Presentación

O Concello de Carballo está comprometido co ensino, polo que asume como prioridade todas as competencias que lle corresponden en materia educativa e ofrécelles aos centros escolares todos os recursos dos que dispón, ademais doutras propostas e actividades. Tamén colabora coas demais administracións competentes en materia educativa.

CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Ademais, Carballo quere implicar aos colectivos sociais relacionados coa elaboración e execución da política educativa municipal, polo que en maio de 2008 se constituíu o Consello Escolar Municipal de Carballo (CEMC) que supón un importante instrumento de expresión directa da cidadanía na toma de decisións queteñen que ver co ensino.

O Consello Escolar Municipal representa aos protagonistas directos da acción educativa para asegurar a fluidez de comunicación cos consellos escolares de centros e acadar, por outra banda, un alto nivel de interlocución co propio goberno municipal, co obxectivo de buscar entre todos e todas (a institución municipal, profesorado, alumnado, nais, pais, etc.) un ensino de calidade.

O CEMC configúrase como un organismo de asesoramento, consulta, proposta, información e participación sobre o ensino non universitario no ámbito territorial do Concello.

Compartir: