Educación

Educación

Escola Oficial de Idiomas

Curso 2020-2021

A Escola de Idiomas de Carballo iniciará o curso 2020-2021 con varias novidades que afectan a docentes e alumnado. Por unha banda, as aulas de francés e alemán trasládanse do Pazo da Cultura á Casa da Xuventude, na rúa Valle Inclán, ao non poder utilizar parte das instalacións do primeiro edificio por carecer de ventilación ao exterior. En segundo lugar, dadas as restricións do número de alumnos por aula, a escola pon en marcha a modalidade da “semipresencialidade rotatoria”

Proposta polos docentes do centro e concedida pola Consellería de Educación, consiste en repartir as dúas clases semanais dos grupos con máis número de matriculados, que, por mor da distancia de seguridade non collen nas aulas, segundo se explica a continuación: o primeiro día da semana acude a metade do alumnado, o segundo día é a quenda da outra parte do grupo e, finalmente, todos disporán de materiais extra e actividades interactivas nunha aula virtual xestionada polo profesor que cubrirá as dúas horas non presenciais dos alumnos. Así, esta modalidade educativa ten como finalidade non perder alumnos, pois só podería matricularse a metade dos que caberían na aula nunha situación normal e, ademais satisfacer as necesidades de aprendizaxe e práctica dos estudantes. 

O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 19 de outubro. A solicitude de praza faise en liña, na páxina web da EOI, á que podes acceder máis abaixo.

Dende o curso 2004-2005

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo é unha sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, ten as súas instalacións no Pazo da Cultura e comezou a súa actividade no ano académico 2004-2005 co primeiro curso de inglés e coa vontade de ir incorporando novos niveis e idiomas. Nestes momentos, impártense os seguintes idiomas e niveis:

  • Inglés: de A1 a C2
  • Francés: de A1 a C1
  • Alemán: de A1 a B1
Para acceder á EOI son condicións indispensables ter cumpridos os 16 anos ou cumprilos no ano académico; ou ben, para nos casos de maiores de 14 anos, matricularse nunha lingua diferente á que o alumno ou alumna curse como primeira lingua estranxeira nos seus estudos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n
15100 - Carballo
Teléfono:  981 701 172
Xefatura de estudos: 620 001 487 
Fax: 981 704 303

Ligazóns

Compartir: