Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Evencio Ferrero recibiu a Gabriel Rodríguez Colferai tras acadar unha medalla de prata no Mundial Júnior de Salvamento e Socorrismo

Venres 14 de outubro do 2022

Despois do emotivo recibimento que lle ofreceron os seus compañeiros e compañeiras do Sysca Salvamento tras conseguir unha plata, un cuarto posto e catro quintos no Mundial Júnior de Salvamento e Socorrismo celebrado en Riccione (Italia), Gabriel Rodríguez Colferai foi recibido esta mesma tarde polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

O xovencísimo medallista, de só 17 anos, estivo acompañado polos seus adestradores, e tamén polos seus orgullosos pai e avó. Ademais de entregarlle un carballo de Sargadelos e o bolígrafo co que asinou no Libro de Honra do Concello, Evencio Ferrero felicitouno polos éxitos acadados, desexoulle moitos máis e agradeceulle que sexa tan bo embaixador do noso concello.



Galería

Compartir: