Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Carballo acollerá unha meta volante da volta ciclista "O Gran Camiño" na etapa que se disputará o venres 25

A volta pasará pola nosa vila de 12:23 a 12:38 horas, e a meta volante estará situada na rúa Luis Calvo

Martes 22 de febreiro do 2022

Carballo será unha das localidades de referencia da volta cicilsta O Gran Camiño, que se disputa esta mesma semana, do 24 ao 27. A segunda etapa, Costa da Morte: Bertamiráns-O Ézaro, terá unha meta volante no noso concello. Será unha etapa de 177,6 quilómetros, cun desnivel total de máis de 3.200 metros, que nos permitirá desfrutar dun auténtico espectáculo deportivo.

O paso do pelotón pola nosa vila está previsto de 12:23 a 12:38 horas do venres 25. O percorrido será o seguinte: avenida de Fisterra, Alexandre Bóveda, Luis Calvo (onde estará situada a meta volante, á altura da Praza da Cruz Vermella), Poñente, Fábrica e avenida de Malpica.

Sen dúbida, unha excelente oportunidade para ver en acción ás figuras do ciclismo e para empezar a quentar motores de cara ás probas organizadas para este ano polos clubs locais. Dende o Concello de Carballo queremos convidarte a saír á rúa para animar aos corredores, e ademais podes ganar un dos dous maillots que sortearemos ao remate da xornada. Para conseguilo simplemente terás que facer unha foto ao paso do pelotón e subila á túa conta de Instagram (debe ser pública para que poidamos vela), utilizando o cancelo #ograncamiñocarballo e etiquetando a conta @carballomola.

Ligazóns



Galería

Compartir: