Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

CONSULTA AQUÍ OS NOVOS HORARIOS DAS PISCINAS E SALAS FITNESS

A Concellaría de Deporte adapta os servizos ás novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia ante o avance da COVID-19

Venres 15 de xaneiro do 2021

A Concellaría de Deporte adapta os horarios das instalacións deportivas municipais e a carta de servizos deportivos ás novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia para o noso concello. Para dar cumprimento ás medidas de prevención da COVID-19 vixentes, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes decisións:

  • Establecer o peche nocturno das instalacións deportivas municipais ás 21:45 horas.
  • Readaptar as actividades “Escola de natación 2020/21”e “Aquagym” mediante a creación de grupos de catro alumnos.
  • Adaptar metodoloxicamente as actividades “Ximnasia de Mantemento” e “Natación Adultos” e transformalas en adestramento ou actividade deportiva individual con supervisión de monitor. As características da actividade serán as seguintes: 
  1. Os usuarios e usuarias terán reservado un espazo específico preferente sobre os usuarios de acceso libre para executar a prescripción de exercicio.
  2. A actividade será individual. 
  3. O monitor prescribirá exercicio individualizado adaptado ás características de cada participante, que se irá readaptando conforme os seus progresos.
  4. O monitor realizará correccións e indicacións de xeito individual para cada participante.
  • Pechar o vaso recreativo sito na Piscina Municipal Vila de Noia

Descargas

Compartir: