Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Consulta aquí as condicións establecidas polo Goberno do Estado para a práctica deportiva a partir do 2 de maio

Sábado 2 de maio do 2020

O Consello de Ministros aprobou o “Plan para a transición cara unha nova normalidade”, que establece os principais prámetros e instrumentos para a adapatación do conxunto da sociedade á nova normalidade, cas máximas garantías de seguridade, tras a crisis provocada polo COVID-19.

Entre as actividades permitidas na FASE 0, a partir do día 2 de maio, atópase a “Actividade física sen contacto” (montar en bici, correr, patinar, surf, etc.) sempre que se faga de forma individual e coa protección axeitada (distancia, mascarilla en deportes non acuáticos, etc.).

As condicións para a práctica deportiva son as seguintes:

  • Horario de realización: entre as 06:00 e as 10:00 ou entre as 20:00 e as 23:00.
  • Práctica individual sen contacto: montar en bici, correr, patinar, etc.
  • Límite xeográfico: o municipio.
  • Respectar a distancia de seguridade de dous metros respecto doutras persoas.
  • Non se permite utilizar vehículo a motor para desprazarse a facer deporte.
  • Extremar as medidas de hixiene propias e dos espazos públicos e privados que utilicemos.

Recomendacións

Dende a área de Deporte do Concello de Carballo recomendamos ás persoas que non o teñan contraindicado e decidan saír a facer deporte, que adapten a actividade física ao estado de saúde e capacidades actuais, xa que é posible que sobrevaloremos as nosas capacidades físicas.

A volta á actividade físico deportiva debe ser progresiva e prudente, coas seguintes indicacións:

  • Actividades aeróbicas globais, como camiñar, correr, pedalear en bicicleta.
  • Inicio a baixa intensidade e incremento moi gradual ate acadar unha intensidade moderada ou media.
  • Intercalar intervalos de descanso se é necesario. Así, para as andainas poden realizarse paradas para realizar estiramentos, e no caso da carreira pódese alternar esta con períodos de andaina.
  • Evitar o exercicio físico moi vigoroso, as intensidades moi elevadas, e o exercicio discontinuo con picos de esforzos máximos.
  • Evitar forzar a duración da actividade máis alá das nosas posibilidades.
  • Non deter a práctica de forma abrupta, e facelo diminuíndo a intensidade acadada pouco a pouco.
  • Hidratarse axeitadamente, mesmo antes da práctica deportiva.

Lembra que seguen vixentes as normas xerais segundo as cales calquera actividade permitida deberá realizarse nas condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social habituais.

Ligazóns

Compartir: