Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Equipos de todo o noroeste peninsular acoden ao Trofeo Concello de Carballo, que reúne esta fin de semana a 180 ciclistas de base

Para os/as deportistas cadetes está prevista unha proba en estrada, mentres que alevíns, infantís e principiantes competirán nun circuíto urbano

Martes 21 de maio do 2019

Vanesa Loureiro e Marcos Trigo presentaron hoxe a proba

Vanesa Loureiro e Marcos Trigo presentaron hoxe a proba

A canteira ciclista do noroeste peninsular visítanos esta fin de semana para participar no Trofeo Concello de Carballo. 180 corredores galegos, asturianos e castelán leoneses das categorías principiantes, alevíns e infantís e cadetes, tanto feminina coma masculina, acoden á proba organizada polo Club Ciclista Carballo coa colaboración do Concello de Carballo e a Federación Galega de Ciclismo.

Con saída na rúa Gran Vía (zona Praza do Concello) e meta na Martín Herrera, os deportistas cadetes darán tres voltas por un circuíto en estrada que os levará polos concellos de Carballo e Coristanco. En total, 48 quilómetros. Serán os primeiros en saír, ás 16.30 horas. A partir das 18.30 horas serán as quendas de, alevíns, infantís e principantes, que competirán por un circuíto urbano de 1 quilómetro. Os alevíns darán 5 voltas; os infantís, 14, e os principiantes tamén darán unha volta despois de participar nunha xincana na Praza do Concello.

A presidenta do Club Ciclista Carballo, Vanesa Loureiro, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, presentaron hoxe a proba, que forma parte do calendario da Copa Galicia en Estrada 2019 e que promete gran espectáculo.

Descargas

Compartir: