Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ENTROIDO CON FORZA!

Volve o concurso de disfraces, comparsas e carrozas do domingo de Entroido con máis de 8.000 euros en premios

Aberto o prazo de inscrición para comparsas e carrozas dende o 8 ata o 15 de marzo

Sábado 28 de xaneiro do 2023

O último concurso celebrouse no 2020, pouco antes da pandemia

O último concurso celebrouse no 2020, pouco antes da pandemia

O Entroido volve a Carballo con toda a forza e máis ganas ca nunca de desfrutar dunha das manifestacións máis representativas do noso patrimonio inmaterial. Despois de dous anos de ausencia por mor da situación sanitaria, o 19 de febreiro celebraremos o tradicional desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas, que encherá de animación a Praza do Concello e as rúas do centro urbano a partires das 18.00 horas.

O concurso de disfraces de Carballo repartirá máis de 8.000 euros entre premios e gratificacións. Non perdas de vista a páxina web nin as redes sociais do Concello de Carballo, porque moi pronto abrirá o prazo de inscrición. As comparsas e carrozas poderán anotarse dende o 8 ata o 15 de febreiro. As inscricións poderán realizarse a través do rexistro xeral ou dos rexistros auxiliares do Concello de Carballo así coma na sede electrónica (https://sede.carballo.gal/sxc/gl/?idioma=gl).

No caso de grupos, parellas e participantes individuais, o prazo alóngase ata o día 19, e as inscricións tamén poderán facerse o mesmo día do concurso, entre as 16.00 e as 17.00 horas, na Praza do Concello.

Descargas

Compartir: