Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas físicas e tamén as virtuais para encher de animación os sábados do outono

O programa de actividades de animación á lectura “Ler conta moito” arrinca esta semana co espectáculo de Magín Blanco “O que levamos nas maletas”

Xoves 10 de setembro do 2020

Este sábado regresan as actividades infantís á Biblioteca Rego da Balsa, con moitas novidades na programación pero tamén no desenvolvemento dos espectáculos. Debido á situación sanitaria que estamos a vivir, o aforo será moi limitado e sempre con inscrición previa no 981 758 580, pero para que todos os nenos e nenas poidan gozar das atractivas propostas que temos preparadas, ademais de abrir as portas físicas, tamén abriremos as virtuais. Deste xeito, os espectáculos poderán verse en directo a través das canles de YouTube do Concello e das Bibliotecas de Carballo e tamén das páxinas de Facebook das Bibliotecas, o Concello e Cultura Carballo.

Para que vexades con canta forza regresamos, este sábado teremos na Biblioteca Rego da Balsa nin máis nin menos que a Magín Blanco, que nos presentará o espectáculo “O que levamos nas maletas”, unha proposta musical na que será imprescindible a colaboración do público tanto para a interpretación das cancións coma para a resolución das cuestións que formula o seu libro “Camiños”. Esta primeira actividade do outono, que forma parte do programa "Ler conta moito", está dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos.

Pero temos moitas máis! Bota unha ollada.

  • 12 setembro, 11.30 horas: “O que levamos nas maletas”. Concerto infantil de Magín Blanco (Programa Ler conta moito)
  • 18 setembro, 17.00 horas: “Que morro!”. Contacontos infantil con Caxoto (Rede Cultural da Deputación da Coruña)
  • 19 setembro, 11.30 horas: “A máquina do tempo”. Contacontos teatral da compañía Ghazafhellos (Ler conta moito)
  • 26 setembro, 11.30 horas: “Contos da lúa”. Contacontos infantil coa compañía Trécola Teatro (Ler conta moito).
  • 3 outubro, 11.30 horas: “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”. Espectáculo de Ian e Elisa que combina contacontos, maxia e sombras chinesas (Ler conta moito).
  • 7 outubro, 17.00 horas: “Antia, Wamba e o regato pequeno". Contacontos infantil con Tropa de Trapo (Ler conta moito).
  • 17 outubro, 11.30 horas: “Patrimonio Natural”. Concerto infantil de Gloria Mosquera, de Mamá Cabra, e Tomi López (Ler conta moito).
  • 31 outubro, 11.30 horas: “Estrafalaria”. Contacontos infantil con Xarope Tulú (Agadic).

Compartir: