Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

FIOT28

A Escola do Espectador, unha actividade aberta e gratuíta para aprender máis sobre teatro

Este sábado 19 celebrarase a terceira sesión, dirixida polo xornalista Camilo Franco, no establecemento A Barra Bar

Mércores 16 de outubro do 2019

Este sábado terá lugar a terceira sesión da Escola do Espectador, a actividade aberta e gratuíta do FIOT que ten como obxectivo achegar ao público o feito teatral e cuestións vinculadas a el. Nesta 28ª do festival, a iniciativa, coordinada polo xornalista Camilo Franco, pretende afondar no concepto do teatro social e político, directamente vinculado ao eixo programático deste 2019, logo da súa eclosión nos últimos anos.

Despois de expoñer e reflexionar arredor do concepto de crise ou de realismo e realidade nas dúas anteriores sesións, a escola achegarase nesta quenda ao teatro documental, “o teatro que garda unha maior relación coa realidade”, segundo apunta Camilo Franco. Unha das pezas que se encadran neste xénero son obras como Jauría, a ficción documental baseada na transcrición do xuízo de La Manada e que se representou o pasado domingo no Pazo da Cultura, dentro do programa de sala.

A nova cita da Escola do Espectador terá lugar este sábado 19, ás 12.00 horas, en A Barra Bar. En cada sesión abórdase unha cuestión particular sobre o teatro político ou social, e como este se foi adaptando á última crise, a través dunha pequena intervención inicial e un coloquio aberto a todas e todos os asistentes. A última “clase” deste ano, prevista para o día 26, levará por título “Vida común. Memoria e confesións”.

A Escola do Espectador do FIOT é unha actividade libre e gratuíta que non require inscrición previa, pero se queres podes enviar un correo electrónico a fiot@fiot.gal para saber que contaremos coa túa presenza!

Compartir: