Cultura

Cultura

- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
6
7
8
9
10
15
21
22
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O público do FIOT toma a palabra a través do Premio do Público e da Escola do Espectador

Todos os sábados de outubro, de 12.00 a 13.00 horas, as persoas afeccionadas ao teatro teñen unha cita con Camilo Franco en A Barra Bar

Venres 4 de outubro do 2019

Votacións para elixir o Premio do Público

Votacións para elixir o Premio do Público

Comeza o programa de sala do 28º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, e con el chegan diferentes propostas que abren o FIOT á participación directa do público. 

Entre elas, como non podía ser doutro xeito, destaca o Premio do Público Outono de Teatro 2019, sistema mediante o cal as e os asistentes achegan a súa opinión sobre os distintos espectáculos que se representan no Pazo da Cultura. A compañía que reciba a maior puntuación entre as nove que conforman este ano esta liña da programación obterá un recoñecemento en forma de convite para participar nunha futura edición do festival cunha nova creación escénica.

E tamén arrinca esta fin de semana a Escola do espectador, unha proposta que pretende achegar o feito teatral ao público dun xeito próximo e sinxelo. A actividade, coordinada polo xornalista Camilo Franco, vincularase nesta edición directamente ás #MIRADASFIOT e centrarase nas consecuencias da crise, a nivel argumental, no teatro, e de que xeito esta crise incidiu directamente no incremento da presenza nas táboas de pezas de carácter social.

Cada unha das sesións que conforman esta edición da Escola do Espectador abordará unha cuestión particular sobre o teatro político ou social e como este se foi adaptando á última crise. Así, na primeira cita deste sábado, 5 de outubro, as e os asistentes achegaranse ao propio concepto de crise, ademais do teatro de intervención e de testemuña, e ao teatro político. A actividade, de asistencia libre e gratuíta, celebrarase todos os sábados de outubro, de 12.00 a 13.30 horas, no bar A Barra.

Compartir: