Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

VOLVE A CAMPAÑA AGRESIÓNS 0’0

O Rockin’ Carballo vai a por todas con nove concertos para que non pares de bailar da mañá á noite

Miqui Puig, Playa Desmayo e Elvis Negro, no Escenario Palmeira, e Cloaca, Thee Blind Crows, Terrier, Vancouvers, Los Chicos e Antón Dj, no Escenario Rego da Balsa

Venres 28 de xuño do 2019

Carballo volve a ser a capital galega do rock co Rockin´ Carballo. Despois do paso de bandas como The Trashmen, Chesterfield Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Powersolo ou Dr. Explosión, este sábado 29 de xuño teremos de novo unha oferta musical de primeira repartida entre os dous escenarios do festival e, coma sempre, de balde. Miqui Puig, Playa Desmayo e Elvis Negro, no Escenario Palmeira, e Cloaca, Thee Blind Crows, Terrier, Vancouvers, Los Chicos e Antón Dj, no Escenario Rego da Balsa, faranche bailar da mañá á noite.

Ademais, este sábado volve a campaña Carballo en festas, agresións 0’0, que tan boa acollida tivo os días 24 e 25. O stand informativo e promocional estará instalado nesta ocasión xunto á carpa do Rockin’ Carballo, no Rego da Balsa.

ESCENARIO PALMEIRA

13:00h Miqui Puig
Se cadra “Factor X” e “Operación Triunfo” fixeron máis pola popularidade de Miqui Puig que a súa discografía, pero a música do barcelonés é peza importante da historia do pop español. Durante os noventa liderou a Los Sencillos, un grupo que soubo recoller o mellor da colleita dos oitenta e que innovou nunhas composicións que partían desde uns sons e unha estética ligada ao mod británico para chegar un pop máis convencional e bailable, próximo ao funk e á rumba (quen no recorda hits como Bonito es, Mala mujer ou No por eso no (Quiero que tú te vayas de aquí). Xa en solitario gravou Casualidades (2004), Miope (2007), Mis favoritas (2008), Impar (2008), Homenaje a Barcelona (2010), Escuela de capataces (2017) e 15 Canciones de Amor, Barro y Motocicletas (2019). É tamén coñecido pola súa faceta como Dj en grandes festivais de música alternativa, ademais de polas sus colaboracións na prensa musical. Ultimamente produciu as actuacións da Free Fall Band, o grupo que acompañou a Amaia Romero en concertos como o do Primavera Sound, o do Universal Music Festival ou do Teatro Real.

17.00 horas Playa Desmayo
“Dúo de borrachos que facemos música enérxica que flúe entre o punk, o surf e o rock and roll, pero todo mal tocado”. Así se definían, non hai tanto, Playa desmayo, a banda coruñesa formada a principios de 2016 como produto das sesións de verán de música caseira de dous amigos, Gaspar Baluja (voces e batería) e Roi Paz (guitarra e voces). Pero Playa desmayo medraron e apuntan máis alto. Seguen apostando por un son que reflicta a súa forma de vida e que lles permita viaxar e tocar para divertise: o que seguro que o pasa estupendo véndoos no escenario é o público. Gravaron dous Eps o primeiro, homónimo, con catro cancións –No, Los vándalos hicieron de las suyas, Bossa Nova, Alcohol (No necesito tu opinión)-, publicado en febreiro de 2017; e o segundo, Fame di fuoco, editado en abril de 2018 año con outros catro cortes -Playa, No puedo más, Rubia e Bajo el sol.

18.00 horas Elvis Negro
Na música Elvis Negro (os carballeses María Costa e Manu Eirín, e o coruñés Marcos Romero) hai poesía, espontaneidade, maxia negra, vivacidade e emoción: o son flúe a un nivel orgánico definido polo pulso, aproximadamente como o tempo andante dos latidos do corazón humano, imprimindo nas membranas un patrón invisible de enerxía, creando fermosas melodías xeométricas. É música sacra e profana, conectada con antigas matemáticas, ‘petites suites’ cosmogónicas de carácter subdancístico, formas binarias simples e estética abstracta. Á marxe de calquera pedantería culturalista, o efecto que producen é claro: misteriosa gravidade, de delicada dozura, reflexión melancólica, arritmia leve e clímax.

ESCENARIO REGO DA BALSA

19.30 horas Cloaca
A música dos coruñeses Cloaca (Bento Carroña, voz e guitarra; e Rata Ray, batería e voces) aposta polo garaxe, o punk e o surf para callar temas cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental: viscerais pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías, nunha festa para os adoradores do fuzz e da liserxia más velenosa e do revival garaxeiro dos 80, todo envolto nun virtuosismo instrumental que consigue atraparte coas súas divertidas letras nas que o mesmo falan de cavernícolas, cloacas e cerebros anormais, que de fuxir, cuspir, querer, beber e esquecer. Entre as súas influencias aparecen históricos da talla dos Sonics, Count Five, Ramones, The Cramps, The Cynics, The Lyres, The Fuzztones, The Morlocks e Dead Moon. O seu EP de presentación (Cloaca, 2018) inclúe os cortes ¿Cuál es mi nombre?, Perros hambrientos, Anormal, Cavernícola e Cloaca inmunda.

20.30 horas Thee Blind Crows
Thee Blind Crows xurde do cruce de camiños entre o blues e o punk: un son crúo e frenético que te fará vibrar ata a extenuación. Influídos por mil bandas que van desde Inmortal Lee County Killers, R.L. Burnside, The Sonics aos primeros White Stripes, este enérxico dúo de melómanos pontevedrés farate viaxar desde o Mississippi a Detroit a través das atmosferas máis primitivas e pantanosas: un explosivo que, ao estourar, expande toda a súa metralla composta por blues, garaxe, country e punk. Logo de gravar as maquetas Thee Blind Crows (2010) e Thee Lost tapes e os videclips Wrong decisions e Last Train, en 2012 editan, con produción propia, o LP Too blues to be punk, too punk to be blues, ao que seguirán outro longa duración, Primitive loud blues (2014), e o EP Back from the Cave (2016). Death Awaits Us All (2019) é o contundente  título do seu traballo máis novo traballo, catorce  intensas e salvaxes descargas de blues punk, coas que o grupo pontevedrés, agora convertido en power trío, estrea formación -Samu Crow, baixo e coros, súmase a Alberto “Al”, guitarra e voz principal, e a Diego “Dddelirio”, batería- e celebra os seus dez años de traxectoria, durante a que compartiu escenario con artistas internacionais afíns ás súas propostas musicais como Flat Duo Jets e Legendary Shack Shakers.

21.30 horas Terrier
Terrier ( Lili Laduquesa, órgano; Don Matías, batería; Dave Petrone, guitarra; e Maria Manoli, baixo) son desas bandas sempre capaces de crear cancións destinadas a corealas sen complexos, partindo sempre de pequenas dosis de rabia. Pouco a pouco foron moldeando un estilo ben recoñecible no que as voces son protagonistas nun son próximo a un garaxe de fondo cunha vea pop que acaba marcando as diferencias, sempre achegados a sons facturados desde selos nacionais como Discos Humeantes ou Sonido Muchacho e con influencias foráneas tan reconecibles como as de Velvet Underground, The Byrds, Sinny and The Sunsets, Shannon & The Clams, Modern Lovers, Shimmering Stars, Thee Oh Sees, The Babies ou Girls Names. Logo de editar Terrier (2012), Un cadáver en el mar (2014) e La plaga (2016), editaron Algo para Romper (2018), unha excelente colección de cancións que mostran unha actitude visceral, unha labazada, e poñen de manifesto contradicións da vida moderna, algunhas máis recorrentes (a sobreexhibición da felicidade nas redes sociais, as modas concienciadas e hipsterizadas como o veganismo de postureo) e outras máis veladas, sempre transmitindo certa sensación de inquedanza. Se che gustan Ataque de Caspa, Los Punsetes, Parálisis Permanente ou as cancións menos coñecidas de Pegamoides, Terrier vanche gustar tamén. E moito!

22.35 horas Vancouvers
Pola súa destreza instrumental, Vancuvers parece unha desas bandas saídas de Estados Unidos ou Reino Unido, pero son cen por cento Malasaña, un dos barrios madrileños que máis fixo pola música española. Rareza musical no noso país, o cuarteto admirado por Alex Chilton desapareceu da circulación hai vinte anos, pero as súas explosivas cancións quedaron na memoria de moitos máis que catro informados. Volveron en setembro de 2018 para un concerto de homenaxe ao falecido Rafa Fustes -dono do icónico Flamingo Bar- e outra vez prenderon no grupo as ganas de escenario, onde Marta Romero, Juan Santaner, Ángel Cubero e Kiki Tornado seguen fieis a un rock and roll “demasiado pop para o punk e demasiado punk para o pop”. Gravaron discos como No Particular Place (1990), Quintessential (1992), Assorted Cookies (1994) ou Up To You (1996), nos que planeaban influencias de Big Star, Replacements, R.E.M., Hüsker Du, Saints, Neil Young, Green Day, Posies ou Radio Birdman. O resultado: un explosiva mestura interpretada con rabia xuvenil.

00.00 horas Los Chicos
Los Chicos levan facendo estoupar a alegría do rock and roll desde hai máis de 16 años. A súa mestura entre pub-rock-punk e o country-gospel-punk-soul arrasou infinidade de escenarios de todo o mundo. Nestes tres lustros conquistaron os escenarios de cada garito, cada sala e cada festival que pisaron, gracias a un directo no que proporcionan unha revolución tola de guitarras, ritmo, enerxía, pinchacarneiros e comuñón de rock and roll. Formados por un predicador que non para de buligar e bailar, o frontman Rafa Suñén; os xemelgos Gerardo e Antonio Urchaga, que disparan as súas guitarras e súan puro Rock&Roll e felicidade; Casanova, un baixista propulsado por un motor V-8 e que parece ter a mesmísima Motor City dentro del; e Ral García, un reloxo e apisoadora á batería. Compartiron escenario con Mudhoney, Southern Culture On The Skids, King Khan, The Sonics, Radio BIrdman, Johnny Casino, Soundtrack Of Our Lives, Cosmic Psychos, Spencer P Jones, The New Christs, The Young Fresh Fellows, The Meanies, Barrence Whitfield, Hi-Risers, Eddie And The Hot Rods, Paul Collins, Roy Loney e outras grandísimas bandas; e fixeron 4 xiras por Australia, infinidade de visitas ao Reino Unido e unhas cantas incursións por Europa, han publicado varios singles, participado en varios compilatorios e editado 7 álbums. Se che gusta o Rock&Roll e a festa, Los Chicos son o teu grupo.

01:10 horas Antón DJ
Antón DJ leva desde os 17 años pinchando grupos como The Smiths ou The Cure en Malpica. Logo de ser residente no pub A Eira de Ponteceso, dá o salto a grandes salas como o Soho Bar (Gijón) e Yes We Dance (Madrid), e conságrase compartindo cabina con Dj´s como Legoteque ou Hugo Lee-Loup. O seu repertorio é completísimo e abarca todo tipo de estilos: música alternativa actual, rock, pop, indie, electrónica, punk… As súas sesións teñen un obxectivo claro: que a xente non pare de bailar en toda a noite.

Vídeos

Compartir: