Cultura

Cultura

- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

María Reimóndez será a pregoira da Praza dos Libros, que encherá de cultura o Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo

Literatura, música, obradoiros, rutas e gastronomía integran a programación da Feira da creatividade cultural de Carballo

Venres 28 de xuño do 2019

María Reimóndez

María Reimóndez

A Praza dos Libros encherá de cultura o Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo. Durante catro días pasarán por Carballo autores e autoras de máxima actualidade, actuacións musicais de primeira liña e grandes espectáculos para todos os públicos, e ademais a muller terá un protagonismo especial. Para empezar, volveremos a ter pregoeira. Este ano será María Reimóndez, polifacética e archipremiada autora luguesa, que este mesmo mes recibiu o Premio dos Clubs de Lectura 2019.

Poucos días despois de pechar o San Xoán, desde a Concellaría de Cultura, que conta coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, continuamos a festa, neste caso na Feira da creatividade cultural de Carballo. Teremos presentacións literarias, gastronomía, música, obradoiros, agasallos... Todo iso reunido nun programa que vos presentaremos en breve. Seguide atent@s!

Compartir: