Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ESTE OUTONO #BIBLIONÍZATE!

Despois do éxito da campaña de verán, os puntos oficiais de “bookcrossing” inician unha xira polo casco urbano

Ademais de na Oficina de Turismo do Museo de Bergantiños, xa podes atopar e liberar libros no IES Alfredo Brañas e no Mercado Municipal

Venres 5 de outubro do 2018

En cada zona oficial atoparás información sobre o funcionamento do bookcrossing en galego, castelán e inglés

En cada zona oficial atoparás información sobre o funcionamento do bookcrossing en galego, castelán e inglés

Despois do éxito dos puntos de bookcrossing instalados este verán nas praias, a Concellaría de Cultura segue estendendo esta iniciativa polo concello. Agora mesmo temos tres zonas oficiais no casco urbano: a da Oficina de Turismo do Museo de Bergantiños, que xa estivo operativa xunto coas de Razo e Pedra do Sal, e dúas novas no IES Alfredo Brañas e no Mercado Municipal. Non teñen perda, e ademais en cada zona atoparás información sobre o funcionamento do bookcrossing en galego, castelán e inglés.

Así poderás seguir atopando, lendo e liberando libros, e convertendo Carballo nunha xigantesca biblioteca. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o hábito da lectura e poñer de manifesto que calquera lugar é bo para ler. Por iso, os puntos de bookcrossing de Carballo serán itinerantes. Cada certo tempo irán cambiando de lugar, pero ademais convidámoste a que ti tamén cres novas zonas de bookcrossing onde máis che guste. Entre o volume de exemplares xa liberados atópanse todo tipo de títulos dirixidos ao público xuvenil e adulto.

Esta iniciativa vai enmarcada na campaña #biblionízate!, impulsada desde as nosas bibliotecas para espallar o virus da lectura a distintos espazos.

Compartir: