Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Todo a punto para a III Classic Car, que se celebrará o 11 de xuño

As persoas participantes poderán colaborar coa Cruz Vermella achegando alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene e alimentación infantil

Venres 26 de maio do 2017

A Asociación Cultural Vehículos Clásicos Classic Car xa ten a punto a terceira edición da concentración anual que organiza coa colaboración do Concello de Carballo, e ademais, despois de facer a presentación do evento hoxe ao mediodía, baixo un auténtico diluvio, demostrou que o éxito está asegurado faga o día que faga. Os representantes da entidade organizadora estiveron acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo.

O punto de encontro dos participantes na concentración será a fábrica de Conservas Calvo, que é outro dos colaboradores. Os propietarios de vehículos clásicos poden pensalo ata o último minuto, porque as inscricións realizaranse o mesmo día 11 de 9 a 10 horas. Ás 10.15 arrancará a comitiva polas rúas de Carballo en dirección a Caión, onde haberá parada e refrixerio. Ás 12.30 comezará a viaxe de regreso pasando pola vila da Laracha e con dirección ao Pazo de Vilar de Francos, onde se celebrará o xantar. O prezo é de 30 euros para os adultos e de 12 para os nenos, e neste caso si que será preciso inscribirse con antelación. O prazo remata o 2 de xuño e os interesados poden chamar aos teléfonos 647607037 ou 679174276.

Estas son dúas das xoias que poderán verse o día 11

Estas son dúas das xoias que poderán verse o día 11

Despois do xantar, arredor das 16.45 horas os vehículos dirixiranse á Praza do Concello de Carballo, onde permanecerán expostos ata as 21 horas, aproximadamente, para deleite de todo o público que queira achegarse. Para amenizar a xornada está prevista, na mesma praza, a actuación do DJ Frank Fairiane.

Este ano a Classic Car ten tamén unha parte solidaria. Así, todos os participantes poderán achegar, voluntariamente, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e alimentación infantil para a Cruz Vermella. Ademais, entre todos os participantes inscritos realizaranse sorteos, e realizaranse unha reportaxe fotográfica e outra de vídeo que lles serán facilitadas con posterioridade.



Galería

Compartir: