Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

David Bustamante chegará o 24 de xuño a Carballo para encher de música e espectáculo o día grande das Festas de San Xoán

O cantante santanderino presentará o seu último disco e repasará os seus grandes éxitos

Sábado 29 de abril do 2017

Catorce anos de traxectoria profesional, nove discos, 15 platinos e máis de dous millóns de copias vendidas sitúan a David Bustamante como un dos nomes máis importantes da canción popular do momento. E o día 24 de xuño chegará a Carballo disposto a roubarnos o corazón co seu novo disco, “Amor de los dos”, que o converte, segundo a revista estadounidense Billboard, nun latin lover do pop latino.

David Bustamante será unha das estrelas das Festas de San Xoán, das que pouco a pouco imos coñecendo máis detalles. O cantante santanderino, que saltou á fama a raíz da súa participación na primeira edición de “Operación Triunfo”, asegúranos boa música, espectáculo e glamur para o día grande das celebracións patronais. Pero ademais das 14 cancións que integran o seu último traballo discográfico, David Bustamante repasará co seu público os grandes éxitos da súa carreira.

“Amor de los dos”, que saíu á rúa no ano 2016, contén clásicos da música mexicana revisados e reinterpretados por David Bustamante, foi número un de ventas en España durante dúas semanas, e disco de ouro xa na primeira. Neste 2017 continúa a súa xira e é, así mesmo, un dos cantantes confirmados de “Fantastic Dúo”, novo programa de La 1. Tamén participa no proxecto “Sonrisas” de Orbit e Aldeas Infantiles SOS como un dos intérpretes do tema “Tu sonrisa”, que interpreta xunto a Leonor Watling e Kira Miró, entre outros.

De plena actualidade nas últimas semanas, podedes seguir todas as novidades sobre o artista a través das súas contas en Facebook, Twitter ou Instagram, nas que ten centos de miles de seguidores, e tamén a través do seu web.

Ligazóns

Compartir: