Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

VENRES CULTURAIS

Sete bandas locais saen a escena nunha nova edición do Rockarballo

The Cerne, Sonseis+, Dude, Psychofonía, Strobos, Amenaza de Muerte e Versión Imposible actúan ás 21 horas no Pazo da Cultura

Xoves 2 de marzo do 2017

Os vellos rockeiros nunca morren: seguen dando guerra se lles deixan. Polo menos, os da nosa vila, non hai máis que ver o cartel do #Rockarballo 2017, onde o sobado topicazo é dobremente cliché. Nas bandas que subirán este venres ao escenario do Pazo da Cultura (21.00 horas) hai moita porosidade, bo rollo, colaboracións e nomes que nos remiten a pioneiros como Helium, Trámites, Distrito 15100, Meigasfora ou Enfermos: Guillermo Mato, Alberto Martínez, José Buño, Andrés Rey, Huguete Periscal, Pepe Trámites...  E os seus novos grupos (Versión Imposible, Sonseis+, Dude, The Cerne e Strobos) son (coa excepción de The Cerne, que alterna no seu repertorio temas propios e alleos) formacións de tributo a clásicos españois e internacionais do rock, pop e (en menor medida) do blues e do soul. Escoitaremos versións de Dire Straits, Gary Moore, Police, Pink Floyd, AC/DC, Nacha Pop, La Guardia, La Frontera, Celtas Cortos, Burning, Seguridad Social ou Héroes del Silencio.

O camiño de Psychofonía é outro: o carballés Suso Serrano (Lowcos) embarcouse co santanderino Nacho Ferrero neste novo proxecto de rock alternativo, experimental e moito que bailar.

A proposta menos convencional chegará con moitas baixas. Héitor é o único Amenaza de muerte que comparecerá no Pazo. A banda carballesa-malpicá anda estes días en plena campaña de crowdfunding de "False Prophets", o que será o seu cuarto traballo discográfico, do que din que está "cargado de brutalidade, escuras melodías, pesados breakdowns, esmagadoras baterías e esgazadoras voces guturais" que caracterizan o seu estilo death metal, deathcore e beatdown.

A entrada ao Rockarballo é de balde, ata completar aforo.

Compartir: