Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Programa das Letras

Programa das Letras

O Programa das Letras aglutina a programación cultural do mes de maio, que se agrupa principalmente arredor da promoción da lingua, do libro e da lectura e na que se desenvolven espectáculos de teatro, música, maxia ou exposicións. O Programa das Letras compleméntase así mesmo coas actividades que as diferentes asociacións do Concello organizan nestas datas.

Na festividade do 17 de maio ten lugar o xa tradicional "As letras en voces", un maratón de lectura no Xardín Municipal da Praza do Concello no que cada participante le un fragmento literario dos autores e autoras aos que se ten dedicado no pasado o Día das Letras, e que selecciona o propio lector con especial atención ao escollido ese ano. Así mesmo, cada ano a Banda Municipal de Música ofrece un concerto para conmemorar este día e o acto adoita contar tamén coa actuación musical da Banda Municipal de Gaitas.

Compartir: