Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Programa de actuacións musicais

Co obxecto de contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso Concello, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas, así como colaborar coas diferentes entidades sen ánimo de lucro que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades e, en cumprimento das competencias que o Concello de Carballo ten na promoción da cultura e da ocupación do tempo libre, esta entidade aprobou o Programa de Actuacións Musicais a favor de Grupos de Musica e DanzaTradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Musica de Carballo para o ano 2019.

Este programa ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso Concello, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas, así como colaborar coas diferentes entidades sen ánimo de lucro que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades.

Con esta finalidade, o Concello de Carballo ofrece ás agrupacións musicais que teñan o seu domicilio social en Carballo e que realicen actividades sen ánimo de lucro, a posibilidade de realizar dúas actuacións musicais para asociacións culturais, de veciños/as, comisións de festas ou outras entidades culturais e sociais sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio social en Carballo e que organicen e realicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais.

O Concello aboaralles ás agrupacións musicais participantes deste programa un máximo de dúas actuacións segundo os importes dos cachés que se establece no mesmo. As actuacións deben realizarse no termo municipal de Carballo e deberán ser públicas e gratuítas, realizándose en actos de carácter cultural, prioritariamente, e non poderán ser utilizadas en actos políticos, privados ou con ánimo de lucro.

Descargas

Compartir: