Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ponte en cor: galería de arte na Milagrosa

Do venres 5 de agosto ata o sábado 10 de setembro do 2016 Barrio da Milagrosa - Horario comercial

Ponte en cor

Un dos escaparates de Ponte en cor

Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Nesta segunda edición -entre o 5 de agosto e o 10 de setembro- faise un traballo de fusión, aproveitando o escaparate como galería e mesturando os produtos propios do comercio coas distintas pinturas, esculturas, fotografías e pezas de Teresa Candal, Cristina Castro, Esther Chamoso, Chiña, Milagros Cotelo, Adriana Díaz, Isa Fernández, Mon Lendoiro, Tomás Luna, Santi Picos, Javier Rodríguez, Antonio Taracido e Jacobo Veiga.

Os locais e establecementos que participan en Ponte en cor 2016 son: Forum Cafetería, Fontanería Aran, Barbería, Bar Amsterdam, Todo Lar, Modas Eva, BR Pdoloxia, Gestoría Casal, Muebles Luis, Peluquería Isabel, Bar Bastian, Barreiro Zapateiro, Casa Francisco, Calzados Arijon, Vainica, Estanco A Milagrosa, Hidro Heccar, Hostelber, Rodriguez Zapateros, Amar Moda e Centro de Masajes Luisa Rabuñal.

Ligazóns

Compartir: