Cultura

Cultura

- 2022 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Cuñados", unha comedia festiva dentro do Ciclo Mestre Mateo

Xoves 1 de setembro do 2022 21.30 horas - Praza da Milagrosa

O Ciclo Mestre Mateo tráenos este mes unha proposta divertida e festiva, xa que a película forma parte do programa das Festas da Milagrosa. 

SINOPSE

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

FICHA TÉCNICA

  • Duración: 95’
  • Produtora: Portocabo para TVE, TVG e Movistar+
  • Dirección: Toño López
  • Dirección de arte: Andrea Pozo
  • Dirección de fotografía: Jaime Pérez
  • Dirección de produción: Ana Míguez, Javi Lopa
  • Guión: Araceli Gonda
  • Reparto: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal, Manuel Cortés
  • Produción executiva: Alfonso Blanco
  • Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
  • Montaxe: Lu Rodríguez
  • Música orixinal: Santi Jul, Iván Laxe
  • Son: Alfonso Couceiro, Santi Jul, Iván Laxe
  • Vestiario: Saturna

CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO

  • Mellor longametraxe
  • Mellor dirección
  • Mellor dirección de arte
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor dirección de produción
  • Mellor guión
  • Mellor interpretación feminina de reparto
  • Mellor interpretación masculina de reparto
  • Mellor interpretación masculina protagonista.
  • Mellor maquillaxe e perruquería
  • Mellor montaxe
  • Mellor música orixinal
  • Mellor son

Compartir: