"Padre no hay más que uno: la llegada de la suegra", nas Noites de Cine
Mércores 10 de agosto do 2022 22.00 horas - Xardín Municipal
Padre no hay más que uno 2: la llegada de la suegra é unha comedia do ano 2022 escrita, dirixida e protagonizada por Santiago Segura.
Co triunfo da asistente virtual 'Conchi', Javier (Santiago Segura) converteuse en líder do chat de nais e todo marcha como unha seda. Parece telo todo baixo control, pero a noticia inesperada da chegada dun novo bebé pono todo patas para arriba. E para rematar, chegará a sogra.
Reparto: Santiago Segura, Toni Acosta, Loles León, Martina D'Antiochia, Calma Segura, Luna Fulgencio, Carlos González Morollón, Sirena Segura, Leo Harlem, Silvia Abril, Wendy Ramos, Lorena Berdún, José Mota, Florentino Fernández, Cristina Pardo, Carlos Areces, Alberto Chicote, Ainhoa Arteta, Lorenzo Caprile.
Todos os públicos
Colabora a Deputación da Coruña