Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Letras na rúa" na honra de Florencio Delgado Gurriarán

Martes 17 de maio do 2022 11.00 horas - Praza do Concello, Xardín e Rúa Coruña

O programa cultural do 17 de maio ofrécenos unha xornada de Letras na rúa, que aglutina varias propostas destinadas a público adulto e familiar.

A partir das 11.00 horas poderemos participar en distintas actividades que se desenvolverán entre a Praza do Concello, o Xardín Municipal e a rúa Coruña.

  • Comezamos cun contacontos da man de Caxoto, que presentará O Garoto de Ipanema, unha bonita historia sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán. 
  • Tamén arrincará á mesma hora o tradicional Concurso Infantil e Pintura Luís Calvo, que organiza a A.C. Lumieira e que celebra este ano a súa 40ª edición.
  • E ás 12.00 chegarán Golfiños co espectáculo musical Os soños dos golfiños, no que os máis cativos viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. 
  • Colabora a Deputación da Coruña. 
  • Como xa é tradicional, nesta xornada tamén estará presente a música, e este ano dun xeito moi relevante, xa que, á parte de contar coa intervención da Banda Municipal de Gaitas, que dirixe Jesús Moreira, para rematar as actividades organizadas directamente polo Concello o 17 de maio asistiremos ao Concerto das Letras da Banda de Música Municipal de Carballo, dirixida por Javier Bardanca. Será ás 13.00 horas na rúa Coruña.

Compartir: