Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto do grupo carballés The Cerne para pechar o Verán Cultural

Venres 21 de agosto do 2020 21.30 horas - Rúa Jacinto Amigo

O atípico Verán Cultural 2020 toca á súa fin cun concerto do grupo carballés The Cerne, que rende Tributo a The Creedence Clearwater Revival. O venres 21 de agosto soará na Rúa Jacinto Amigo Lera rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60 cunha das formacións carballesas máis importantes.

The Cerne conta con 7 integrantes: 2 voces solistas, Fany e Lara; Manolo ao teclado, Fran toca o baixo e voces, á batería está Joaquin e tamén fai voces, e 2 guitarras, Jaime e Guillermo, que tamén colabora coas voces. A posta en escea baséase no repertorio do lexendario grupo The Creedence Clearwater Revival, tocando practicamente todos os seus éxitos.

Entrada libre ata completar aforo
Organiza: Concello de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Lembra!

  • A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras.
  • O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo.
  • Apertura de portas 1 hora antes do inicio da actividade.
  • Os menores deberán estar acompañados por adultos.
  • A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade e unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder.
  • Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes.
Grazas por colaborar!

Compartir: