Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Teatro da Ramboia chega aos Venres Coolturais cunha comedia de marionetas

Venres 7 de febreiro do 2020 21.00 horas - Pazo da Cultura

Dous titiriteiros chegan ao seu fogar logo dun día de traballo, tras carretar ás súas costas un enorme “tutilimundi” , unha caixa de pandora, da que as marionetas da farsa emerxerán como alegorías esperpénticas dunha realidade pasada. Teatro da Ramboia achegaranos esta comedia-adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista gañadora o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María e 23 municipios, entre os que se atopa o Concello de Carballo. 

Teatro da Ramboia é unha compañía creada no ano 2012 coa intención de investigar as relacións entre o teatro, a música e as artes plásticas, desde a súa relación no teatro das marionetas.

Intérpretes: Anxo García e Fran Lareu; Iluminación: Germán Gundín; Construción de marionetas: Anxo García; Autoría: Manuel María; Dirección, dramaturxia e música: María Peinado.

Público: A partir de 14 anos
Duración: 1 h 30 min
Entrada: 3 € / 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: