Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O ciclo de cinema árabe trasládase ao Pazo da Cultura para a proxección de "Sky and Ground"

Venres 17 de xaneiro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura

O ciclo Amal en Ruta Carballo chega este venres 17 ao Pazo da Cultura disposto a emocionarnos coa conmovedora historia dunha familia disposta a sortear todo tipo de obstáculos na procura dun futuro cheo de esperanza e ilusión. 

Sinopse: Os Nabi, son unha familia siria-kurda, que viaxa ilegalmente durante tres meses dende Aleppo a Alemaña na procura dunha vida mellor. O medo e a esperanza acompañarannos durante o seu percorrido.  

Os directores: Tayla Tibbon e Joshua Bennett son dous reputados produtores audiovisuais, con numerosos títulos producidos e/ou dirixidos.

Tayla é unha prestixiosa produtora de cinema, escritora e directora de series e documentais cun marcado carácter social. A súa filmografía acumula máis de 20 títulos. Pola súa banda, Joshua Bennett é un prolífico produtor audiovisual con máis de 10 títulos ás súas costas, entre documentais e series de televisión. No ano 2017 dá o salto detrás da cámara e dirixe "Os Comandos", a súa primeira curta documental.

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración: 86'
Ano: 2018 (USA)
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir: