Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A muller, protagonista do primeiro documental do ciclo de cine euroárabe "Amal en Ruta"

Xoves 16 de xaneiro do 2020 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O Concello de Carballo e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas convídannos a realizar un ano máis unha interesante viaxe pola sociedade árabe a través dunha nova edición do ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta”, un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, que esta semana chega ao noso municipio cunha selección do mellor cinema árabe para achegarnos unha visión ampla e multidimensional desa cultura tan heteroxénea e romper cos estereotipos establecidos.

Este xoves 16 proxectarase "Soufra", a primeira das seis longametraxes (catro ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán), na que se narra a historia de Mariam Shaar, unha muller nada no campo de refuxiados palestinos en Beirut, que trata de crear unha empresa de restauración para mulleres como medio de supervivecia económica, social e persoal.

O director: Thomas Morgan é un director de cinema social. As súas películas máis aclamadas, "Soufra" e "Waiting for Mamu" narran historias de persoas que superan as dificultades para axudar á súa comunidade.

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración:
73'
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir: