Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición do "XIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez"

Do luns 11 de novembro ata o domingo 1 de decembro do 2019 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 Pazo da Cultura

Ata o 1 de decembro poderá visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura a exposición do "XIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez", que vén organizando a Deputación da Coruña dende o 2006 para servir de estímulo a todos os artistas que seguen crendo na arte gráfica.

O premio leva o nome do artista betanceiro Jesús Núñez, destacable non só polos seus magníficos gravados, senón tamén por crear un importante núcleo de dinamización cultural, a Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea).

Os índices de participación neste prestixioso certame son dos máis altos do seu xénero, recibíndose nesta ocasión 142 obras de 24 países diferentes, o que reflicte a relevancia internacional deste certame.

A mostra está composta por 30 obras escollidas polo xurado para esta exposición itinerante, entre os que destacan o 1º premio acadado polo polaco Wieslaw Haladaj coa xilografía “Appearance 22” e os Accésit “The extended night” do iraní Mehdi Darvishi e “Forma y vacío” do mexicano Rubén Morales Lara, que comparten exposición tamén con Anna Trojanowska, Lola Fernández Corral e Marcin Bialas Ademais, entre as obras escollidas polo xurado para formar parte desta edeición atópase “Santas (nas) redes” da muxiá Teresa Búa.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: