Noites de cine en Oza
Xoves 22 de agosto do 2019 22:00 horas - Local social Oza
Se tes peques na casa máis vale que te achegues con eles/as ata o local social de Oza para gozar coa divertidísima sesión de cine que nos achegará a Concellaría de Cultura coa colaboración da AC Torre Vixía. Animación, aventuras e moitas risas serán os ingredientes principais dunha peli coa que desfrutarán grandes e pequenos/as. Apúntaste?
Público: Todos os públicos
Duración: 90'
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: AC Torre Vixía