Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Curso de fotografía para mozos/as con smartphone ou tableta

Do luns 8 de xullo ata o venres 12 de xullo do 2019 De 10:30 a 13:30 horas - Pazo da Cultura

Se queres sacarlle máis partido á cámara do teu smartphone ou á túa tableta, este verán vas ter a oportunidade de facelo no curso de fotografía que impartirá, de balde, o fotógrafo profesional Alfredo Varela, dentro da programación do Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís.

Se tes entre 12 e 18 anos de idade e dispós dun dispositivo móbil, anímate e participa nesta actividade, organizada pola Concellería de Cultura, que se celebrará do 8 ao 12 de xullo no Pazo da Cultura. Serán cinco sesións de tres horas de duración (de 10.30 a 13.30 horas) que incluirá, ademais de clases teóricas, prácticas no exterior para que coñezas mellor as funcionalidades do teu dispositivo móbil. Así mesmo, aprenderás conceptos sobre técnica fotográfica, a exposición correcta, o enfoque, a composición... e tamén as mellores APP gratuítas de retoque dixital e todo o que debes saber sobre dereitos de imaxe. A que ten boa pinta? 

Compartir: