Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O prestixioso trompetista Manuel Blanco ofrecerá un concerto en Carballo

Venres 1 de marzo do 2019 20:00 horas - Pazo da Cultura

Tras impartir unha masterclass ao alumnado de trompeta do CMUS, o trompetista Manuel Blanco ofrecerá un concerto no Pazo da Cultura acompañado polo profesor de violín do conservatorio carballés Eduardo Coma, que estreará catro pezas para violín e trompeta: Delirium, La travesura, Perpetuo e San Ramón 243.

Manuel Blanco, natural de Daimiel (Ciudad Real) conta cunha carreira musical máis que consolidada. Desde hai 13 anos forma parte da Orquesta Nacional de España (ONE), onde ocupa o posto de primeiro trompetista. Ademais, é mestre na prestixiosa Escola Superior de Música Reina Sofía e na Universidade Alfonso X. En 2011 gañou o Premio Internacional da ARD de Múnich, un galardón que só antes lograran dous trompetistas de sona internacional, entre eles o mítico músico francés Maurice André. 

O seu paso por Carballo suporá unha oportunidade única de ver sobre o escenario a un dos grandes mestres da trompeta do século XXI. Non vola perdades!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir: