Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O escritor Miguel Ángel Alonso e a ilustradora Laura Tova presentan "Música no faiado"

Sábado 16 de febreiro do 2019 12:00 horas- Biblioteca Rego da Balsa

O vindeiro sábado o escritor Miguel Ángel Alonso Diz e á ilustradora local Laura Tova Ilustración falándonos da súa última novela infantil e xuvenil en galego "Música no faiado", publicada en 2018 na colección Merlín, de Xerais. E ademais teremos a sorte de contar coa carballesa Rosalía Fernández Rial, acompañándonos nesta interesante presentación. Non faltedes!

Sinopse do libro: Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.

A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

A novela, encadrada na colección Merlín, está indicada para lectores de 11 anos en adiante.

Público: Tpdos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: