Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Teatro dos Ghazafelhos e a historia de "Rubicundo"

Domingo 27 de xaneiro do 2019 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Desde esta semana e durante todo o inverno, os domingos en Carballo quedan reservados para a cultura en familia e, máis concretamente, para o teatro. O ciclo, incluído na nova programación dos Venres Culturais que organiza a Concellaría de Cultura, arrincará o próximo día 27 coa posta en escena de Rubicundo, un conto da escritora ceense María Canosa, finalista do Premio Merliño de literatura infantil 2014 e adaptado por Pepablo Patiño, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, encargada de representar un divertido espectáculo de actores, monicreques, música, baile, acrobacias e sorpresas.
 
Sinopse: Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta rumbo á noite pechada. Enfundado nun gabán e cun sombreiro de copa, pasa desapercibido para todos, agás para Erea, que estará disposta a descubrir o segredo de Rubicundo. E ti, tamén queres saber cal é? Pois bule e reserva xa a túa entrada en www.ticketea.com ou no 902 044 226. Vémonos no teatro! 

Intérpretes: Pepablo Patiño, Móntse Piñón e Jorge Casas / Espazo sonoro e escenografía: Teatro Ghazafelhos / Dirección e adaptación: Pe pabloPatiño / Autora do libro: María Canosa 
Duración: 1 hora
Público: A partir de 4 anos 
Entrada: 3 € / 2 €
Organiza: Concellaría de Cultura

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: