Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Semana Sen Fronteiras no Casino 1889

Do luns 10 de decembro ata o venres 14 de decembro do 2018 19:30 - 22:30 horas - Casino 1889

O Casino 1889 naceu, hai menos dun ano, con vocación de portas abertas a todas as persoas. Por iso, nesta semana, na que se conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos, a entidade vén de poñer en marcha, en colaboración cos centros de ensino do municipio e o Concello de Carballo, un ciclo de actividades dentro da Semana sen Fronteiras, unha iniciativa solidaria que pretende dar a coñecer a realidade de millares de persoas que teñen que abandonar os seus fogares fuxindo de conflitos bélicos, da fame ou de situacións de vulneración dos dereitos humanos.

Faladoiros, proxeccións, charlas, libros e representantes de diferentes oenegués daranse cita ao longo da semana no local da entidade para informar, por boca dos propios protagonistas, por onde se debe comezar a traballar no difícil camiño da mobilización das conciencias. Ademais, haberá un concurso de microrrelatos e un mercadillo. Estades todos/as convidados/as!

Entrada: Libre e de balde
Organiza: Casino1889
Colabora: Centros de ensino e Concello de Carballo

Compartir: