Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Espectáculo de monicreques en Novembro con Música

Domingo 25 de novembro do 2018 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Dentro da programación de Novembro con Música, tamén hai espazo paraos máis pequenos/as da casa. A compañía de teatro A Xanela do Maxín presentará en Carballo o seu espectáculo infantil de monicreques As aventuras de Gale, no que o protagonista conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo. Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente, non está no seu mellor momento e por iso mesmo precisa da nosa axuda.

Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e outros moitos recursos culturais en galego.

Dirección, actriz e titiriteira: Celtia Figueiras Guitarra e voz: Luis Vallecillo Violín: Mariajo Pámpano Iluminación: Fernando Martínez de Vega Texto: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende

Público: Infantil
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración: 55 min
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: