Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"La valentía", de Sanzol, porá o broche de ouro ao FIOT27

Mércores 31 de outubro do 2018 21:00 horas - Pazo da Cultura

A XXVII edición do FIOT despídese cunha aloucada comedia que reúne todos os ingredientes para que sexa un éxito do máis esmendrellante: enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E, por suposto, un marabilloso elenco de actores para dar vida a seis extravagantes personaxes, que deberán afrontar os seus propios medos, superar o paraíso perdido e as herdanzas do pasado que nos lastran. 

Realizar os cambios necesarios para avanzar a un proxecto de futuro require moito coraxe e atrevemento. E iso é, precisamente, o que lle sobra a Alfonso Sanzol, o autor e director da derradeira proposta do festival: La Valentía, unha obra que indaga na procura da beleza, e como atopala, ao facerlle sitio nos recunchos da memoria, poden virse abaixo os cimentos da vida, do pensamiento, as certezas sobre as que se asenta a existencia humana. Cando todo isto acontece, aos protagonistas só lles queda agarrarse a unha saída: a valentía.

Sanzol, autor e director da obra, é un dramaturgo xa consagrado, con catro Max ao mellor autor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2017 e Premio Valle Inclán, precisamente por unha obra coa que nos deleitou na anterior edición do noso festival, La ternura.

Sinopse: Dúas irmáns herdan a amada casa no campo na que pasaban os veráns. Pero teñen un pequeno problema: case pola porta de entrada pasa unha autoestrada. Unha quere conservala e a outra quere sacala de aí, custe o que custe.

Intérpretes: Jesús Barranco, Francesco Carril, Inma Cuevas, Estefanía de los Santos, Font García e Natalia Huarte Deseño de iluminación: Pedro Yagüe Escenografía: Fernando Sánchez-Cabezudo e Eduardo Moreno Vestiario: Guadalupe Valero Dirección de produción: Miguel Cuerdo Axudante de dirección: Beatriz Jaén Dirección e dramaturxia: Alfredo Sanzol

Público: Recomendada a partir de 13 anos
Entrada: 12€
Duración: 90 min.

Programación FIOT27

Compartir: